Notifican a Baltar a apertura de dilixencias por un posíbel delito contra a seguridade vial

Manuel Baltar, presidente da deputación ourensá (Foto: Deputación de Ourense)
Segundo informaron fontes da Deputación de Ourense, os axentes do GIAT do subsector de Ourense notificaron a Baltar a apertura destas dilixencias no municipio de Leiro, onde o tamén presidente dos populares ourensáns se encontraba de visita institucional.

Axentes do Grupo de Investigación e Análise do Grupo de Tráfico (GIAT) da Garda Civil notificaron ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, a apertura de dilixencias por posíbel delito contra a seguridade viaria.

Segundo informaron fontes da Deputación de Ourense, os axentes do GIAT do subsector de Ourense notificaron a Baltar a apertura destas dilixencias no municipio de Leiro, onde o tamén presidente dos populares ourensáns se encontraba de visita institucional.

Así mesmo, a preguntas polo feito de que o dirixente popular conducise un vehículo oficial cando foi interceptado o domingo, estas fontes detallan que a axenda do presidente non incluía ningún acto por atoparse en "período de sombra" debido á proximidade das eleccións municipais.

"xestión ordinaria"

Neste sentido, precisan que se trataban de encontros de xestión ordinaria, habituais no día a día do presidente.

Entre outros, explican que na mañá da segunda feira Baltar estivo nunha reunión da Fundación Democracia e Goberno Local, da que a Deputación é patrón, para abordar temas de xestión.