Galiza volverá saír á rúa en apoio ao pobo palestino. Eis as 11 novas mobilizacións para a vindeira semana

Centos de persoas manifestáronse en apoio a Palestina. (Foto: César Arxina / Europa Press)
Baixo o lema ‘Paremos o xenocidio. Galiza con Palestina’ até 11 localidades acollerán mobilizacións ás 20 horas da segunda feira. Así, eis a lista de concentracións:

As rúas galegas volverán berrar en solidariedade co pobo palestino a vindeira segunda feira, 6 de novembro. A Asociación Galaico-Árabe Jenín, BDS Galiza, Galiza por Palestina e Mar de Lumes convocaron esta quinta feira novas mobilizacións ao longo da Galiza.

Baixo o lema ‘Paremos o xenocidio. Galiza con Palestina’ até 11 localidades acollerán mobilizacións ás 20 horas da segunda feira. Así, eis a lista de concentracións:

  • A Coruña, no Obelisco
  • Allariz, na Barreira
  • Compostela, na praza Roxa
  • Ferrol, na praza do Concello
  • Lugo, diante do Concello
  • Monforte, na praza de España
  • Ourense, na Subdelegación de Defensa
  • Pontedeume, na praza do Concello
  • Pontevedra, na praza da Peregrina
  • Ribeira, na praza do Concello
  • Vigo, no Farol de Urzaiz

Estas organizacións salientan que "o pobo palestino necesita a solidariedade internacional. Neste sentido, o pobo galego ten un longo histórico de apoio á causa palestina, e nestas dúas semanas leva protagonizadas múltiples mobilizacións nos últimos tempos.

Manifestación nacional

O pasado sábado, Compostela acolleu unha gran manifestación nacional en apoio ao pobo palestino convocada polas mesmas asociacións.

"Israel asasina e Europa patrocina" ou "non é unha guerra, é un xenocidio" foron algúns dos moitos cánticos que acompañaron a marcha desde o inicio. Mentres Galiza sae á rúa para trasladar o seu apoio ao pobo palestino, este mesmo sábado o Exército israelí intensificaba a súa ofensiva terrestre logo dunha noite de intensos bombardeos, "a peor" desde que principiou a vaga de ataques sobre Gaza hai case catro semanas.