A Feira do Viño de Amandi, en Sober, aproba con nota após dous anos cancelada pola pandemia

Integrantes da Adega Don Bernardino Mencía 2021. (Foto: Nós Diario)
O pregón deste ano correu a cargo de Chechu Salgado, recente gañador dun premio Goya ao actor revelación.

A Feira do Viño de Amandi, que decorre cada ano no concello de Sober, volveu esta fin de semana após dous anos cancelada pola situación pandémica.

Nesta 42 edición, centos de persoas achegáronse a Sober para desfrutar do encontro vitícola e gastronómico, ademais de para gozar dos recursos naturais que caracterizan o concello.

O pregón deste ano correu a cargo do acto Chechu Salgado, recente gañador dun premio Goya ao actor revelación. Durante a súa intervención, o intérprete lembrou algunhas das súas experiencias e recordos en anteriores edicións da Feira do Viño de Amandi.

Ademais do alcalde, Luís Fernández Guitián, ao encontro acudiron, entre outros, o concelleiro de Educación, Cultura e Universidade, Román Rodríguez; o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé; e a subdelegada do Goberno español en Lugo, Isabel Rodríguez.

Premiados

Como nas anteriores edicións, levouse a cabo a tradicional cata de viños para escoller os mellores desta zona da Ribeira Sacra.

O xurado de especialistas nomeou mellor rosado o Regina Viarium Rosae 2021, mentres que o mellor blanco foi o Imbrice 2021.

En canto aos viños máis novos, as condecoracións foron outorgadas ao Reitoral de Amandi Mencía 202, Reitoral Gundivós Amboa 2021 e Don Bernardino Mencía 2021.