A escaseza de auga esténdese e activa os plans municipais contra a seca

A situación de seca prolongada que atravesa a Galiza mantén boa parte do territorio en condicións de alerta e prealerta ante a mingua da cantidade de auga que levan moitos ríos tanto na demarcación Galiza-Costa como nas concas do Miño e do Sil. Cada vez son máis os concellos que avanzan medidas concretas contra a escaseza de auga. Un dos últimos, o de Compostela, que vén de dar conta do seu plan contra a seca.
photo_camera Estación depuradora de Viaqua no río Tambre. (Foto: Arxina)
Comentarios