Radares da DXT na Galiza: Onde se atopan?

Radares da DXT na Galiza: ¿Onde se atopan?
Radares DXT na Galiza: Se queres saber onde se atopan os radares da DXT na Galiza, presta moita atención as novas nas estradas galegas

Se algunha vez quedaches pensando onde se atopan os radares da DXT na Galiza, chegou a hora de que quedes sen dúbida para a túa próxima viaxe . É necesario estares informado sempre para evitar que sexan os radares os que te sorprendan.

As estradas estarán controladas por terra e por aire, o obxectivo, reducir os accidentes de tráfico provocados pola velocidade non adecuada nelas. E é que a velocidade é un dos factores que máis sinistros provocan nas nosas estradas.

DXT na Galiza 2020: Estes son os límites e restricións para este ano

 

O funcionamento dun radar, é un dós temas máis descoñecidos para a poboación e conductores, ainda que sexa un elemento tan común nas estradas. Por iso, é convinte falar dos radares da DXT dende todos os ámbitos. Preparado?

 

Que precisas saber dos radares da DXT?

A DXT ten controlados como perigosos ao redor de 1.500 tramos, o que significa un total de ao redor de 25.000 km da rede de estradas.

Tramos nos que controla a velocidade á que se circula con radares fixos aos que une os radares móbiles que vai cambiando de localización, e os radares de tramo.

En total máis de 850 radares para controlar que non se superen os límites de velocidade, aos que une ademais os efectivos helicópteros con radar Pegasus.

Xa son oito os helicópteros co radar Pegasus de que dispón a DXT para controlar desde o aire todas as infraccións que se producen nas nosas estradas.

Actualmente, por lei, os radares fixos consideran unha marxe de erro de 5 km/ h cando a velocidade é inferior a 100 km/ h para que se produza a infracción, e dun 5 por cento cando se supera este límite.

Aínda que, a activación real dos radares fixos está establecida pola DXT a partir dunha velocidade superior a 7 km/ h cando o vehículo infractor circula por baixo de 100 km/ h e dun 7 por cento cando supera esa cifra de velocidade.

O 2019 non foi un bo ano para as estradas galegas. Coñeces os principais motivos?

 

Parece sinxelo, pero... Sabes que é un radar?

Os radares permiten detectar ós vehículos que exceden a velocidade máxima permitida nas principais estradas como medida de seguridade para evitar accidentes.

Moitos conductores reducen a velocidade cando están próximos a estos dispositivos, para non exceder o límite permitido.

Sabemos que un radar de tráfico identifica os vehículos que circulan sobrepasando o establecido pola lei, xa que pode supoñer unha infracción.

Cal é o funcionamento dun radar? Cómo actúa?

Se es dos que collen o coche de forma asidua para desplazarte, esta é unha boa información necesaria para conducir con responsabilidades e non poñer en perigo a túa seguridade e a dos demás viaxeiros.

As estradas máis perigosas do Estado son galegas. A que é debido?

 

Como funcionan os radares?

Estos radares funcionan baixo o efecto Doppler.

Que é o efecto Doppler?

Trátase dun sistema de frecuencias que mide a velocidade dos obxectos detectados previamente e para saber a velocidade do vehículo, mide as ondas electromagnéticas que créanse entre o obxecto e o radar.

Nos radares de tráfico estudiase a frecuencia das ondas. As ondas traseiras aumentan a súa frecuencia conforme a velocidade é maior, aumentado así a lonxitude de onda.

Canto maior é a velocidade, máis lonxitude de onda haberá, e polo tanto a frecuencia que vai medir o radar será maior. 

O radar salta e activa a súa cámara cando a frecuencia entre as ondas supera o límite ligado os límites de velocidade permitidos na estrada.

Se un vehículo vai a 120 Km/h, a frecuencia das ondas é máis alta ca dun vehículo que vai a 100 Km/h.

Aumentan na Galiza as vítimas mortais en accidentes de tráfico e baixan no Estado

 

Tipos de radares existentes na Galiza

Antes de saber onde están situados os radares da DXT na Galiza, é necesario coñecer os que funcionan nas estradas galegas.

A DXT dispón dunha amplia rede de vixilancia dos límites de velocidade a través dos distintos tipos de radares.

Ná provincia da Coruña hay 54 radares: 18 fixos, 4 de tramo e 32 móviles. En Lugo encontramos 52: 1 de tramo, 12 fixos e 39 móviles. Ourense ten 44 radares, 1 de tramo, 13 fixos e 30 móviles. En Pontevedra 46 radares controlan as vías desta provincia: 16 fixos e 30 móviles.

Cando falamos de radares de tráfico hai dous grandes tipos: radares fixos e radares móbiles.

O BNG pide a transferencia de Tráfico e Seguridade Viaria. Por que os galegos seguimos pagando as peaxes?

 

Radares Fixos

Os modelos máis habituais son os radares de cabina ou fixos. Estos están instalados nunha caixa grande de cor branca sita na beiravía dereita dá calzada, ainda que poden estar no lado esquerdo.

Como o seu propio nome indica son aqueles que están sitos de forma fixa. Case sempre están sinalados ainda que pode ser que non o estén.

Os radares fixos aplican unha marxe de erro de 5 km/h no caso de estradas cunha velocidade máxima permitida de 100 km/h. Un radar fixo saltará a 96 Km/h nunca vía limitada a 90 km/h.

As autoestradas non son Galegas. Por que están en mans de empresas foráneas?

 

Radares Móbiles

Son aqueles que van cambiando segundo as necesidades das estradas. Adoitan instalarse en coches camuflados da Garda Civil, que poden estar tanto en movemento como parados. 

Estes radares aplican unha marxe de erro de 7 Km/h en estradas cunha velocidade máxima inferior a 100 km/h. Polo tanto, o radar comezará a sancionar a partires dos 58 km/h nunha zona limitada a 50 Km/h.

Radares de Tramo

Aqueles que calculan a velocidade media do vehículo nun tramo concreto da estrada, e decir, controlan a velocidade media entre dous puntos. Os usuarios deben manter una velocidade similar ou inferior á máxima permitida durante o traxecto.

Vas facer plans na estrada? Que mellor que coñecer os 5 pratos tradicionais galegos de inverno e ir degustalos

 

Onde se sitúan os radares máis salientábeis da DXT na Galiza?

Esta é unha relación dós radares que podes atopar nas estradas galegas, principalmente fixos e de tramo. Toma nota das súas localizacións:

A Coruña

  • Radares Fixos: A6, AC11, AC12, AC552, AG11, AG55, AP9F, FE14, N547 y N634
  • Radares Tramo: AG64, AP9 y N550.

Lugo

  • Radares Fixos: A6, A8, LU541, N120 y NVI.
  • Radares Tramo: A8

Ourense

  • Radares Fixos: A52, N120, N525 y OU540
  • Radar Tramo: N525

Pontevedra

  • Radares Fixos: A55, A52, AG41, AP9, AP9V, CG4.1, N550, N640

A evolución dos radares e o desenvolvemento da tecnoloxía van a vez nos seus avances. Polo tanto é básico garantir a seguridade na estrada e aínda que na Galiza hai unha ampla variedade de sistemas de vixiancia nas estradas, a velocidade segue a ser a causa de 29% dos accidentes.

 

Gústache conducir? Descobre 7 lugares para perderse na Galiza profunda e facer turismo rural