Novo coleccionábel

Dá comezo o novo coleccionábel 'Retratos dun tempo en mudanza' de 'Nós Diario'

Pablo González Mariñas, Tereixa Novo, Bieito Ledo, Lois Diéguez, Elvira Souto, Gustavo Luca, Antón Seoane e Xosé Fortes.
'Nós Diario' achega de novembro a decembro o novo coleccionábel 'Retratos dun tempo en mudanza', con 31 entrevistas e fotografías históricas realizadas polo xornalista Xan
Carballa.

Nós Diario achega de novembro a decembro o novo coleccionábel Retratos dun tempo en mudanza, con 31 entrevistas e fotografías históricas realizadas polo xornalista Xan
Carballa
.

A través delas poderase comprender a evolución do país e as loitas sociais que marcaron Galiza desde 1972 a 1986.

Pepa BaamondeXosé FortesAntón Seoane ou Elvira Souto son só parte dos 31 protagonistas da loita social e política na Galiza nos últimos anos do franquismo e os primeiros após a Constitución de 1978 cuxas historias achegará este xornal.

No que atinxe ao feminismo, por exemplo, entrevistaranse figuras especialmente relevantes como Pilar Allegue, Nanina Santos Castroviejo ou María Xosé Queizán, nun momento histórico, a década de 1970

"Revisión historiográfica"

Nunha entrevsta concedida a este xornal, Xan Carballa segurou que "cando pensamos este coleccionábel tivemos claro que non queríamos facer unha revisión historiográfica. Tratábase de ofrecer unha especie de paisaxe da época, non cinguida exclusivamente ao político, senón explicar como funcionaba a sociedade".

"Na escolla de persoas, que non é exhaustiva loxicamente, queriamos facer algo máis que o propio relato de como se foron conformando os acontecementos políticos", acrecentou o xornalista.

Xa podes acceder a través desta ligazón á primeira das etrevistas do coleccionábel, realizada ao sociólogo Daniel Pino.