A Coruña continúa sen municipalizar os buses

Na Coruña, despois de 30 anos de administración privada do transporte público de viaxeiros, abriuse unha oportunidade (hai agora un ano) de recuperar o servizo para a xestión directa do concello. A Compañía de Tranvías, centos de miles de euros de beneficios cada ano, resístese a que se dea por finalizada a concesión, e a Marea Atlántica esquece no caixón a súa listaxe de compromisos urxentes (este era un deles). O BNG teima e di que non faltarían cartos, que o que falta é vontade. Díaz Grandío, o concelleiro responsábel, cala. 

Autobuses urbanos da Coruña das liñas 6 e 14 que se cruzan en Ronda de Outeiro
photo_camera Autobuses urbanos da Coruña das liñas 6 e 14 que se cruzan en Ronda de Outeiro
Comentarios