O Certificado Covid será obrigatorio para acceder a bares e restaurantes da Galiza desde este sábado

O Tribunal Superior de Xustiza da Galiza (TSXG) vén de autorizar a medida da Xunta para intentar frear os contaxios, que seguen en aumento. Os parámetros deste novo paso fronte á pandemia aparecen publicados no DOG de forma que estarán activos desde mañá. Así, será preciso amosar o pasaporte para acceder aos "interiores" dos restaurantes e dos bares, estes últimos a partir das 21 horas.
Unhas persoas cean nun restaurante da Coruña o pasado mes de abril. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
photo_camera Unhas persoas cean nun restaurante da Coruña o pasado mes de abril. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Comentarios