Caderno 'Gozar'

Castañas, cogomelos e outros manxares que farán máis doada a fin do verán

A fin do verán é algo que a algúns nos custa caro asumir, o acurtamento dos días e o comezo do frío coido que son motivos suficientes para ter algo de morriña da tempada estival. Mais todo isto non quere dicir que non desfrutemos do outono. Grazas ás castañas, aos pratos de pucheiro como o caldo e aos cocidos que xa comezan a apetecer ou ao polbo do San Froilán, a transición cara ao inverno faise máis doada. Eis unha ollada a todas as posibilidades
que nos ofrecen os froitos do outono.

gozar_p2-3
photo_camera Falso cuscús de coliflor con cabaciñas, pasas e cenoria.
Comentarios