O Carballiño busca bater de novo o seu propio récord cunha tapa de polbo de 580 quilos

A xigante tapa de polbo de 2022 feita no Carballiño (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
Segundo informou o Concello, os polbeiros e polbeiras aspiran a volver facer "historia" esta terza feira, 8 de agosto, a partir das 19.30 horas.

O Carballiño prepárase para bater un novo récord ao preparar a tapa de polbo máis grande do mundo, con 580 quilos, 65 máis que na pasada edición.

Segundo informou o Concello, os polbeiros e polbeiras aspiran a volver facer "historia" esta terza feira, 8 de agosto, a partir das 19.30 horas.

Para a elaboración destes 580 quilos de polbo en formato de tapa xigante serán necesarios 45 litros de aceite, 5 quilos de sal e 2 de pemento.

Como cada ano, prevese que sexan centenares de veciñas e veciños e visitantes que acompañen aos polbeiros na súa misión.

A tapa, cun prato de 5,37 metros de diámetro, poderá degustarse ao finalizar a preparación.

A Festa do Polbo

O Carballiño leva xa máis dunha semana celebrando a Festa do Polbo cunha programación que se estenderá até o domingo, 13 de agosto, cando está prevista a gran romaría no Parque Municipal.