Crise entre o Colexio de Médicos e a Xunta: expresa o seu "malestar" e o rexeitamento ao feche de centros de saúde e PAC

O Consello Galego de Colexios de Médicos manifestou o seu "máis profundo malestar e rexeitamento" ás declaracións do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, tras a reunión mantida na tarde da terza feira e desmárcase de "decisións de xestión" que poida adoptar a Xunta "como un eventual fechamento ou reorganización" dos centros de saúde e os puntos de atención continuada (PAC).

Rueda presidiu a xuntanza co Colexio de Médicos a pasada terza feira (Imaxe: Xunta)
photo_camera Rueda presidiu a xuntanza co Colexio de Médicos a pasada terza feira (Imaxe: Xunta)
Comentarios