Yolanda Díaz: "Estou rodeada de egos"

Nunha entrevista na Cadea Ser a vicepresidenta pide “outra forma” de facer política.

yolanda diaz ser
photo_camera Díaz nun momento da entrevista.

Estou rodeada de egos”, dixo esta quinta feira a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz nunha entrevista na Cadea Ser.  Mesmo apuntou, en referencia á súa candidatura nunhas eleccións, que “como exista ruído ou isto vaia de egos, é probábel que me vaia".

Díaz recoñeceu que traballa nun proxecto para esa cita coas urnas: “Estou niso, estou mantendo moitas conversas”, dixo, apostando nun proxecto “que non vai de nomes” e si de ter un “contrato social cunha parte extensa da sociedade”.

A vicepresidenta tamén se referiu ás negociacións nas que participa como vicepresidenta ou líder política: "O feminismo, o machismo e as formas na negociación non teñen que ver con homes e mulleres. Son formas que son masculinas. Eu negocio ás veces con mulleres que teñen unhas formas que non comparto en absoluto".

A vicepresidenta clamou contra a "política masculinizada até o extremo de xogar sempre ao límite", a política das "liñas vermellas". "Son elementos moi masculinos. Non é o adecuado", explicou.

"Nin as mulleres nin os homes deben negociar así", lamentou Díaz, que rexeita a "xerarquización" e quéixase de que parece que "unha negociación é boa cando é moi intensa e xoga no límite": "É un erro". A vicepresidenta clamou contra a "política masculinizada até o extremo de xogar sempre ao límite", a política das "liñas vermellas". "Son elementos moi masculinos. Non é o adecuado", explicou.

A vicepresidenta tamén abordou outras cuestións durante a entrevista, como o aumento da fiscalidade sobre as grandes empresas ou instar as eléctricas a "cumprir a lei". 

Tamén se referiu á política de vivenda: "Este país ten que tomarse en serio este problema. Se analizamos as políticas de vivenda da historia vemos que foron un fracaso. España debe facer o que están a facer outras cidades europeas: medidas que logren baixar os prezos do aluguer".

Comentarios