A Xunta mete a Galiza na Feira relixiosa Expo Católica, que se fai en México

Turismo de Galicia terá un stand propio no evento católico no que repartirá material promocional e informativo. A feira é un punto de encontro para "fabricantes e consumidores de produtos relixiosos"

Barrio e Feijóo
photo_camera Barrio e Feijóo

Turismo de Galicia, a través da S.A de Xestión do Plan Xacobeo, participará desde o vindeiro xoves 29 de agosto e ata o domingo 1 de maio na IV edición da feira de carácter relixioso Expo Católica, que terá lugar no recinto feiral do World Trade Center de México Distrito Federal.

Os lemas desta nova edición son Todos xuntos e Celebra a vida e para a súa promoción e difusión contarase co apoio de Radio María e María Visión.

“A feira Expo Católica trata de servir de punto de encontro de fabricantes, distribuidores e consumidores de artigos relixiosos”

Esta feira celébrase cada ano nunha cidade distinta e a pasada edición. “Co seu carácter internacional, nesta feira reúnense expositores de diferentes países como Bolivia, Colombia, Estados Unidos e España, ademais de numerosos procedentes de todo México”, indican desde a Xunta.

Galiza participa cun stand de 18 metros cadrados no que se repartirá “material promocional e informativo dos diferentes Camiños de Santiago, respondendo así ao grande interese que alí suscita a peregrinación a Santiago, dado que México é a nación de fala hispana que máis peregrinos achega despois de España”.

Comentarios