18-F

Xácome censura a data das eleccións por coincidir con entroido: "É un claro desprezo a Ourense"

Armando Ojea será o cabeza de lista de DO.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Xácome. (Foto: Europa Press).
photo_camera O alcalde de Ourense, Pérez Xácome. (Foto: Europa Press).

O alcalde de Ourense e líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Xácome, censurou hoxe a data elixida polo presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, para convocar as eleccións porque a campaña coincidirá coas festas de Entroido, o que intrepreta como un "claro desprezo" a Ourense polo arraigamento desta festividade en toda a provincia.

O rexedor reaccionou a través dunha mensaxe difundida aos medios e publicada en redes sociais na que critica a data escollida para a cita coas urnas, á que Democracia Ourensana avanzou a súa intención de presentarse co tenente de alcalde de Ourense, Armando Ojea, como cabeza de lista. Para Xácome, "é un claro desprezo á provincia de Ourense, que é a que celebra o entroido galego" que a campaña do 18-F vaia coincidir en plenas datas de 'Entroido'.

Un "desprezo" que o rexedor ve "xa anterior" á convocatoria de eleccións, "cando non se lle concedeu" ao Entroido da cidade de Ourense "a distinción de festa de interese turístico". "Por outra parte, en DO estamos contentos de que seremos, cando antes, a chave do futuro goberno da Xunta", conclúe na súa mensaxe Pérez Xácome.

Comentarios