Eleccións Europeas 9-X

Villoslada pide un "período de reflexión" en Sumar Galicia

O candidato de Sumar Galicia nas eleccións europeas do pasado domingo recoñece que os resultados obtidos polo partido tanto na Galiza como no Estado español "non son os esperados".
Juan Díaz Villoslada (esquerda), ex concelleiro do PSdeG na Coruña, incorpórase ás listas de Sumar. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
photo_camera Juan Díaz Villoslada (esquerda), candidato de Sumar Galicia ás europeas. (Foto: M. Dylan / Europa Press)

O candidato de Sumar Galicia nas eleccións europeas do pasado domingo, Juan Díaz Villoslada, recoñeceu esta segunda feira que os resultados obtidos polo partido tanto na Galiza como no Estado español "non son os esperados".

Villoslada atribúe estes malos resultados "a unha fragmentación como a que vivimos no espazo político da esquerda" e que retrotrae á cidadanía progresista á hora de votar.

Nas eleccións deste domingo, Sumar e Podemos obtiveron case o mesmo nivel de apoios na Galiza. Sumar logrou 2% dos votos e Podemos rexistrou 1,9% de apoios nas urnas . 

"Con tranquilidade"

Díaz Villoslada considera que o que cómpre agora en Sumar Galicia é "abrir un período de reflexión, con tranquilidade" para a partir de aí "seguir construíndo o espazo político de Sumar Galicia" e continuar, manifestou, "a aglutinar as persoas cunha visión na esquerda, no ecoloxismo e no pacifismo".

Por último, o candidato mostrou a súa preocupación por uns resultados a nivel de Unión Europea dos que saen reforzados os proxectos da dereita e ultradereita. "O panorama conservador da Unión Europea é máis preocupante", considera.

Comentarios