18-F

VÍDEO | Besteiro di que "a Galiza vai dar a badalada" cos socialistas na súa mensaxe de felicitación do Fin de Ano

O canditado socialista critica "a estratexia de confrontación" con todos que "desprega" o Partido Popular.
O socialista José Ramón Gómez Besteiro na súa mensaxe de felicitación do Fin de Ano (Foto: Nós Diario).
photo_camera O socialista José Ramón Gómez Besteiro na súa mensaxe de felicitación do Fin de Ano (Foto: Nós Diario).

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta da Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, afirmou este sábado na súa mensaxe de Fin de Ano que en 2024 "a Galiza vai dar a badalada" cos socialistas, en referencia ás eleccións galegas que decorrerán o vindeiro 28 de febreiro.

 

Besteiro emprazou a "escoller" entre “unha Galiza resignada e un futuro de ilusión, con esperanza" e que poña o país "á cabeza" do crecemento no Estado español e na Unión Europea (UE).

Ademais, o candidato socialista defendeu o acordo como "sinal político" para que "non se perda ningunha oportunidade" como "sucede coa estratexia de confrontación" con todos que "despregou" o Partido Popular.

O líder do PSdeG subliñou que a súa formación está representada polo "cambio positivo e con garantías" que lle permitirá á Galiza "pasar páxina", á vez que asegurou que no país "as cousas non van ben".

Desta maneira, incidiu en que cada vez na Galiza os servizos públicos "desaparecen" e a xente "vaise". Na súa mensaxe tamén remarcou o seu "compromiso inquebrantábel" coa Galiza. "Renunciei a todo por estar aquí, por sei que imos espertar ese cambio que a Galiza necesita", esgrimiu Besteiro.

Comentarios