José Ramón Gómez Besteiro

Alfonso Rueda e Alberto Núñez Feixoo, o pasado 17 de setembro, nun acto do PP en Santiago. (Foto: César Arxina / Europa Press)
POLÍTICA

Rueda entra en 'modo campaña' mentres medran os rumores dun adianto electoral após consumarse a derrota de Feixoo

O presidente da Xunta percorrerá Galiza "a pé de rúa" para manter encontros "directos e espontáneos" coa cidadanía.
santiago_abascal_abandona_sesion_plenaria_aprueba_uso_lenguas
LINGUA

O galego gaña a batalla da oficialidade no Congreso dos Deputados

A batalla pola lingua galega librouse esta terza feira fóra da casa. Tras 46 anos de veto, o Congreso dos Deputados aprobou o uso do galego, do euskera e do catalán na Cámara Baixa, con 176 votos a favor e 169 en contra, facendo efectiva unha demanda de vello das forzas nacionalistas.
José Ramón Gómez Besteiro, Marta Lois e Néstor Rego. (Foto: Congreso)
LINGUA

VÍDEO | O galego dá o salto ao Congreso: así foron as primeiras intervencións de Besteiro, Lois e Rego

A tramitación da reforma do Regulamento da Cámara sae adiante con 176 votos a favor, dúas abstencións e a oposición de PP, Vox e UPN. Os galegos José Ramón Gómez Besteiro, do PSOE; Marta Lois, de Sumar, e Néstor Rego, do BNG, estrearon o idioma propio da Galiza.
Os deputados de Voz abandonan o pleno do Congreso (Foto: Congreso).
POLÍTICA

VÍDEO | O uso da lingua galega provoca que os deputados de Vox abandonen o pleno do Congreso

Os deputados e deputadas de Vox abandonaron esta terza feira o pleno do Congreso polo uso da lingua galega na tribuna da Cámara Baixa. Após tentar interromper o discurso de José Ramón Gómez Besteiro, que falou de maneira parcial en galego, os membros de Vox levantáronse e abandonaron o hemiciclo ao tempo que deixaron os auriculares no escano do presidente do Goberno español, Pedro Sánchez.
O deputado socialista Julio Torrado, en rolda de prensa. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O PSdeG di que o presidente da Xunta "segue tras a faixa de Galicia Bilingüe"

Torrado acusa Rueda de "avergoñarse" da súa "cultura e identidade".
O voceiro socialista no Parlamento, Luís Álvarez, hoxe en rolda de prensa. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Álvarez resta importancia ás críticas de Caballero sobre as primarias do PSdeG: "É un militante máis"

O portavoz da formación no Parlamento galego defende a "liberdade de opinión" do ex líder socialista e afirma que "non hai absolutamente ningún avance" a respecto dunhas primarias adiadas por orde de Ferraz até a futuríbel investidura de Pedro Sánchez no Goberno español.
O lugués José Ramón Gómez Besteiro. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
POLÍTICA

José Ramón Gómez Besteiro, deputado do PSdeG: "Os socialistas galegos queremos facer en Madrid un galeguismo útil"

José Ramón Gómez Besteiro (Lugo, 1967) abre como deputado socialista no Congreso unha nova etapa na súa dilatada carreira política. Neste contexto, analiza para 'Nós Diario' a situación política do Estado, as perspectivas a medio prazo da súa formación e os obxectivos do PSdeG para a actual lexislatura.
Pose, Taboadela, Regades, Gómez e Martín, onte no Congreso español. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

Besteiro cre que a presidencia de Armengol no Congreso "abre o camiño" a un novo Goberno de Sánchez

O deputado considera que un Goberno do PSOE “beneficia especialmente” á Galiza

José Ramón Gómez Besteiro foi líder do PSdeG e delegado do Goberno estatal. (Foto: Europa Press)
JOSÉ RAMÓN GÓMEZ BESTEIRO (PSDEG)

"Esta semana o 'mentirómetro' do PP bota fume, algo que na Galiza xa coñecemos ben"

José Ramón Gómez Besteiro, candidato número 1 do PSdeG ao Congreso por Lugo.
Pedro Branco, Valentín González Formoso e José Ramón Gómez Besteiro. (Foto: Europa Press)
23-X

Formoso reivindica a continuidade de Alcoa na Mariña como logro do Goberno español fronte á "pasividade" da Xunta

"O goberno de Pedro Sánchez cumpre e Feixoo incumpre coa Mariña", afirma o número un do PSOE ao Congreso por Lugo, José Ramón Gómez Besteiro.
O novo delegado do Goberno estatal na Galiza, Pedro Branco. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

O Consello de Ministros ratifica o nomeamento de Pedro Branco en substitución de Besteiro

O avogado de UXT asume as rendas da Delegación do Goberno estatal na Galiza, institución que José Ramón Gómez Besteiro abandona após tomar posesión o pasado abril para encabezar a lista do PSOE ao Congreso por Lugo.
Pedro Blanco, avogado de UXT. (Foto: TVG)
POLÍTICA

Pedro Branco será o novo delegado do Goberno español na Galiza tras a marcha de Besteiro

O aínda responsábel da Delegación deixará o cargo para encabezar a candidatura do PSOE ao Congreso pola circunscrición de Lugo.
Pedro Blanco, avogado de UXT. (Foto: TVG)
Agora

O avogado de UXT, Pedro Branco, será o novo delegado do Goberno, segundo a 'SER'

A obrigada remuda na Delegación do Goberno español na Galiza por mor da saída de José Ramón Gómez Besteiro, que deixará o cargo tres meses despois para encabezar a lista do PSOE ao Congreso por Lugo, ten xa un protagonista. O novo delegado, segundo vén de avanzar a Cadena SER, sería o avogado e asesor xurídico do sindicato UXT na Galiza, Pedro Branco. Unha decisión que ratificaría esta mesma terza feira o Executivo de Pedro Sánchez na reunión semanal do seu Consello de Ministros.
Os socialistas de Lugo aprobaron esta cuarta feira a candidatura. (Foto: Nós Diario)
POLÍTICA

O PSOE ratifica Gómez Besteiro como 'número un' por Lugo ao Congreso

A seguinte na lista será a deputada no Parlamento galego Patricia Otero. Aliás, César Mogo liderará a lista do Senado.
A marcha de José Miñóns a Madrid abriulle as portas da Delegación a Gómez Besteiro. (Foto: Europa Press)
POLÍTICA

Besteiro deixará a Delegación e será o cabeza de lista do PSOE ao Congreso por Lugo

O seu nome leva varios meses soando con forza para liderar a candidatura socialista nas vindeiras eleccións galegas.
A ex presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva (Foto: Xan Carballa).
POLÍTICA

Miñóns, Besteiro e Silva, posíbeis cabezas de lista do PSdeG para o 23-X

O exalcalde de Oroso Manuel Mirás postúlase para seguir como senador do PSdeG pola Coruña, tras transcender o interese de Bugallo.

Gómez Besteiro e González Formoso, no centro, nas Pontes. (Foto: Nós Diario)
28-M

Formoso chama á mobilización do electorado progresista o 28 de maio

O PSdeG insta a non ceder perante a dereita.
Victoria Alonso e Gómez Besteiro esta sexta feira en Mos (Foto: PSdeG).
28-M

Besteiro arroupa a alcaldábel socialista en Mos, Victoria Alonso, e critica a campaña de Rueda

O delegado do Goberno estatal na Galiza saudou os “benditos anuncios” do Executivo de Pedro Sánchez e comprometeuse a “seguir traballando” a favor da cidadanía para “desenvolver os proxectos e as débedas históricas e por exemplo bonificar as peaxes da AP-9”, mentres o PP prorrogaba a privatización até 2048.
José Ramón Gómez Besteiro e Iván Puentes. (Foto: Nós Diario)
28-M

Besteiro apoia un Iván Puentes que "marca a estratexia para a Pontevedra do futuro"

O alcaldábel socialista e actual concelleiro na corporación municipal presenta as súas propostas acompañado do delegado do Goberno estatal na Galiza.
O delegado do Goberno estatal na Galiza, José Ramón Gómez Besteiro, reuniuse con familiares das vítimas do 'Pitanxo'. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
SOCIAL

Asinado o contrato para baixar ao pecio do 'Vila de Pitanxo'

Un buque de ACSM espera en Vigo data de partida.