A última enquisa do CIS mantén o PSOE 1,4 puntos por diante do PP e outorga un 0,8% de estimación de voto ao BNG

O traballo de campo para esta sondaxe realizouse entre os días 30 de xuño e 5 de xullo, é dicir, antes do arranque da campaña electoral e, por tanto, do 'cara a cara' protagonizado a pasada segunda feira entre o presidente do Goberno español e candidato socialista, Pedro Sánchez, e o aspirante do PP á Moncloa, Alberto Núñez Feixoo.
A última enquisa do CIS correspondete co 13 de xullo (Foto: Europa Press / CIS).
photo_camera A última enquisa do CIS correspondete co 13 de xullo (Foto: Europa Press / CIS).

O Barómetro de Opinión do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) correspondente ao mes de xullo sitúa o PSOE 1,4 puntos por diante do PP en estimación de voto para as eleccións estatais do próximo 23 de xullo. En concreto, calcula un respaldo de 31% para os socialistas e de 29,6% para os populares.

A terceira praza é para Sumar, cun apoio estimado do 15,5% mentres que Vox aparece na cuarta posición cunha estimación do 11,7%.

Pola súa parte, o CIS outorga ao BNG unha estimación de voto de 0,8%, porcentaxe un pouco inferior á última outorgada polo organismo no estudo preelectoral, mais sube ao comparala co barómetro de xuño da institución pública. Con este resultado aumentarían 0,3 puntos porcentuais os votos da formación en relación ás eleccións de 2019.

O traballo de campo para esta sondaxe realizouse entre os días 30 de xuño e 5 de xullo, é dicir, antes do arranque da campaña electoral e, por tanto, do 'cara a cara' protagonizado a pasada segunda feira entre o presidente do Goberno español e candidato socialista, Pedro Sánchez, e o aspirante do PP á Moncloa, Alberto Núñez Feixoo.

Comparación coa última enquisa

En comparación coa macroequisa preelectoral publicada polo CIS o pasado 5 de xullo, o PSOE empeora a súa estimación de voto caendo dúas décimas (pasa dun 31,2% a un 31%), pero máis aínda (1,8 puntos) retrocede, o PP que pasa do 31,4% ao 29,6%.

Aquela enquisa baseábase en máis de 29.000 entrevistas realizadas entre os días 8 e 27 de xuño e, dada a amplitude da mostra permitiu ao CIS calcular pinzas de repartición de escanos.

Con todo, o barómetro de xullo como é habitual neste tipo de enquisas só ofrece o dato de estimación de voto.

Comentarios