Todo pronto para o 20-D. A pegada de cartaces dá inicio a unha campaña para unhas eleccións fulcrais

Comeza oficialmente ás 00:00 horas a campaña electoral das eleccións xerais. Cada formación escolle en Galiza unha cidade distinta para o pistoletazo de saída a 15 días do máis intenso.

Ás 00:00 horas comeza oficialmente a campaña electoral para o 20 de decembro, uns comicios que se presentan como fulcrais e decisivos, para alén dos máis abertos desde a transición. Un inicio de campaña no que as diferentes formacións con presenza en Galiza elixen un escenario distinto para arrancar un período de 15 días nos que hai moito en xogo.

Vigo como epicentro para unha Galiza con representación

Nós-Candidatura Galega aposta en Vigo. A cidade olívica será quen acolla o acto principal de arranque de campaña da coligazón nacional para as eleccións do 20-D. A candidata nº1 por Pontevedra, Carme Adán, e o portavoz nacional do BNG -principal forza impulsora de Nós- serán os protagonistas da tradicional pegada de cartaces.

O cabeza de lista pola Coruña, Carlos Callón, abrirá a campaña na capital herculina a bordo dun barco pesqueiro no porto coruñés, unha iniciativa coa que se suma simbólicamente ás demandas da frota do cerco

Compostela, capita das marés

A compostelá Praza de Mazarelos será o escenario no que decorrerá o acto central de 'En Marea' para as eleccións xerais do 20-D. O alcalde da capital de Galiza, Martiño Noriega (Compostela Aberta) , e os números 1 e 2 pola circunscripción coruñesa. Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, tomarán parte no acto.

Feijóo na Coruña

O presidente da Xunta, Núñez Feijóo asistirá ás once e media desta noite no Hotel Attica 21 á tradicional pegada de cartaces do PP, un acto no que estará acompañado polo candidato número uno ao Congreso pla provincia da Coruña, Miguel Lorenzo, e polo presidente provincial, Carlos Negreira.

Besteiro, en Ourense

O PSdeG elixe Ourense como o seu acto principal para a pegada de cartaces. Alí estará o secretario xeral do PsdeG, Gímez Besteiro, para apoiar os candidatos socialistas.

Comentarios