Que pensa a dereita española sobre os galegos?

ForoCoches é un dos foros de internet máis influínte en lingua española. Segundo a clasificación elaborada por Alexia atópase entre os 100 sitios webs máis vistos en español, estando considerado como o segundo foro en número de visitas en  lingua española
A praza de Colón completou a súa capacidade (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
photo_camera Manifestación da dereita unida praza madrileña de Colón. (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).

As páxinas e os comentarios dos seus usuarios non deixan dúbida da súa tendencia dereitista e españolista. Tanto é así, que algúns autores non dubidan en cualificalo como unha sorte de organizador colectivo do espazo ideolóxico da dereita.

O espazo dixital é un dos principais termómetros para coñecer o estado de opinión do público de dereitas. Neste sentido, algúns investigadores e sociólogos téñeno empregado  para coñecer as preocupacións, os gustos e as motivacións desa franxa ideolóxica.

Os usuarios de ForoCoches non dubidan en declarar como políticos preferidos ao presidente do PP, Alberte Núñez Feixoo, e ao líder de Vox, Santiago Abascal. Ao tempo, non disimulan as súas preferencias pola presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, e a candidata de Vox en Andalucía, Macarena Olona.

O "estado profundo" da dereita española

Os comentarios do foro recollen a opinión do “estado profundo” da dereita española sobre os temas máis diferentes. Así, non agochan o machismo e a misoxinia á hora de tratar a cuestión de xénero ou a súa homofobia respecto do debate sobre as identidades sexuais.

A crítica aos inmigrantes, o combate aos nacionalismos e o rexeitamento as posicións de Podemos e do PSOE centran boa parte dos debates. Neste sentido, as alternativas formuladas coinciden coas expresadas nos locais do PP ou de Vox.

A páxina ofrece todo tipo de comentarios sobre os galegos, respondendo na súa práctica a totalidade a todos os tópicos do relato da galegofobia. Nesta dirección, os usuarios do foro asumen o acerbo doutrinal común ao discurso españolista.

Os galegos non son de fiar

Un dos chíos abertos no foro titúlase “coñecedes a algún galego que sexa de fiar?”. O debate, que reproduce o estereotipo do galego desconfiado característico da galegofia  garda comentarios do tipo “só coñezo un galego, e non, non é de fiar”, “a xente máis friki e rara do mundo, subdesenvolvidos na súa maioría pero por iso é polo que ningún é de fiar” ou “coñezo a  varios en distintos ámbitos e a verdade. Ou están tolos ou son raros de collóns. Nin un chisqueiro lles deixo”.

Outro dos debates abertos  leva por título “os galegos son uns paletos”. As razóns para xustificar esa afirmación, pasan por sinalar “aí  con ese acentiño parece que che están contando un chiste. Seguro que as súas cidades non teñen guindastres e van todos en burro. Nin Zara teñen. Sorte que viven da coca”.

Unha das preocupacións de ForoCoches é a suposta manía dos galegos aos madrileños. Así, pregúntanse “por que os galegos teñen tanta manía aos madrileños?”, obtendo respostas do tipo “porque non falamos preguntando” ou “que odio van a ter se viven de nós”.

Nacionalismo galego

A análise do nacionalismo galego ocupa preto de 20 chios diferentes. Así, un deles anima a responder ser se “é o nacionalismo galego o máis parvo que existe en España”, contestando o usuario máis apoiado que “son todos igual de merdas e de fantasiosos pero déixalles que sigan patexando como nenos pequenos”.

Un dos debates, supostamente para os sectores máis ilustrados, propón analizar “as bases do nacionalismo galego”. Entre elas, atópanse “o caciquismo, como todos os demais nacionalismos” ou “pedir pasta para un saco sen fondo vendendo fume. É dicir, nacionalismo estándar provinciano español”

.

Comentarios