'ADIANTE'

O proceso de refundación do BNG reúne militancia e simpatizantes nun gran acto en Pontevedra

Será este domingo 24 no Teatro Principal da cidade e nel intervirán integrantes das bases nacionalistas

Encontro nacional BNG municipais 2015 2
photo_camera Imaxe dun encontro nacional anterior do BNG en Pontevedra

Pontevedra acollerá este domingo 24 un gran acto do BNG con militantes e simpatizantes no marco do 'proceso adiante' de refundación da fronte nacionalista. A cita, no Teatro Principal, contará coa presenza da portavoz nacional, Ana Pontón, e o alcalde da cidade, Fernández Lores, e no mesmo intervirán simpatizantes sen carné do BNG.

Co Proceso Adiante, o Bloque quere poñer a punto a organización e fortalecer o proxecto político nacionalista, tendo en conta os tempos que marcan a previsible repetición das eleccións xerais e sen descartar un adianto dos comicios galegos, mesmo unha coincidencia na data de celebración de ambas citas electorais o 26 de xuño.

Comentarios