PPdeG lamenta que o Goberno de España sexa “refén” dos “independentistas galegos”

olano
photo_camera Jaime de Olano

O vicesecretario de Participación do Partido Popular, Jaime de Olano, considera que o BNG, "tras coñecerse que non votará en contra da investidura de Pedro Sánchez", quere “esquerrizar” Galiza e que se suma así “ás formulacións independentistas que están a secuestrar o novo Executivo de España, debido á ambición persoal de Pedro Sánchez”.

O representante popular  fixo fincapé en que “o Bloque entrega agora o seu apoio ao Goberno de Pedro Sánchez sen que iso supoña a mínima garantía para o futuro de Alcoa, para a reapertura da central térmica das Pontes, o desbloqueo do AVE ou a transferencia da AP-9 á nosa Comunidade”.

Para rematar, De Olano salientou que os que anhelan unha “Galiza de CDR e de lazos amarelos a partir de agora terán capacidade de influencia, non só no PSdeG, senón tamén no Consello de Ministros do Goberno de España”.

Comentarios