Podemos supedita aliarse con Sumar na Galiza a que haxa primarias

Pablo Fernández remarca que na súa organización non está permitida a dobre militancia.
O portavoz de Podemos, Pablo Fernández, esta segunda feira, en rolda de prensa. (Foto: Gabriel Luengas / Europa Press)
photo_camera O portavoz de Podemos, Pablo Fernández, esta segunda feira, en rolda de prensa. (Foto: Gabriel Luengas / Europa Press)

Podemos supedita alianzas con Sumar na Galiza e en Euskadi a primarias sen vetos e ao aval das direccións neses territorios. En ningún caso haberá coalición sen primarias ou vetos á formación morada para unha eventual candidatura conxunta. O coportavoz estatal de Podemos, Pablo Fernández, remarcou respecto á construción orgánica de Sumar que na súa organización non está permitida a dobre militancia, aínda que outra cousa son rexistrados que puidesen compartir co proxecto político da vicepresidenta segunda do Goberno español, Yolanda Díaz.

Aposta pola coalición

Podemos na Galiza aposta pola fórmula da coalición e así se puxo enriba da mesa negociadora unha proposta que inclúa os tres actores que xa foron de forma conxunta ás recentes eleccións estatais e coas que se lograron manter as dúas actas pola Galiza da anterior cita ao Congreso: Sumar, Podemos e Esquerda Unida (sen Anova, que non concorreu).

Sería, pois, unha coalición a tres bandas similar á que se asinou e na que se cedería o protagonismo da papeleta para Sumar (aínda que aparecerían todos os partidos igualmente), formación que agora mesmo ostenta a marca coa que as formacións políticas están representadas nas Cortes españolas.

Comentarios