O Pleno do Concello de Santiago debaterá unha moción sobre o rexeitamento ao proxecto de Altri en Palas de Rei

O Concello de Santiago debaterá, no pleno ordinario de abril, unha moción conxunta do BNG e Compostela Aberta para "mostrar o rexeitamento ao contaminante macro complexo industrial de Altri"
Un pleno do Concello de Santiago celebrado en febreiro de 2024.
photo_camera Un pleno do Concello de Santiago celebrado en febreiro de 2024.

O Concello de Santiago debaterá, no pleno ordinario de abril, unha moción conxunta do BNG e Compostela Aberta para "mostrar o rexeitamento ao contaminante macro complexo industrial de Altri", ademais de esixirlle á Xunta un informe negativo a este proxecto, o fomento de actividades sostíbeis xeradoras de emprego e un plan de mellora integral da calidade da auga e da biodiversidade.

Aseguran que este proxecto se tramitou “cunha absoluta falta de transparencia e con engano, xa que dende hai máis de dous anos se publicitou unha factoría circular de fibra téxtil e finalmente se revelou que o principal obxectivo será a produción de pasta de celulosa solúbel, destinada preferentemente á exportación".

"Trátase dunha actividade industrial con forte impacto no territorio e na paisaxe, no medio ambiente, no patrimonio cultural, nas actividades socioeconómicas, no río Ulla, na ría de Arousa e no modelo forestal do país", afirman.

 

Así mesmo, alegan que a implantación desta factoría terá un impacto ambiental "crítico" nunha zona que se propuxo para a ampliación da Rede Natura 2000 e que alberga hábitats e especies de alto valor ambiental e que están en risco de extinción.

A moción tamén cuestiona o impacto de Altri na protección do BIC Camiño de Santiago e doutros bens culturais da zona.

Esta factoría prevé o consumo de grandes cantidades de auga do río Ulla e o vertido dun caudal voluminoso de auga sometida a unha depuración industrial máis contaminante, o que repercutirá negativamente na calidade da auga, na biodiversidade e na produtividade tanto do río Ulla. e a ría de Arousa

Comentarios