A presidenta da xestora do PSdeG é unha das apostas de Pedro Sánchez para conformar a dirección federal do novo PSOE, segundo as fontes consultadas por Sermos Galiza.
A presenza de Pilar Cancela obedece a que o PSdeG é o quinto territorio en número de afiliadas do PSOE e a que Sánchez obtivo no noso país unha vitoria por unha percentaxe moi superior ao do resto do Estado (65 por cento do voto face o 27 da candidatura de Díaz).
Cancela reforza así o seu peso político e perfílase como unha opción seria de futuro para liderar o PSdeG.
Segundo puido saber Sermos Galiza, quen tamén vai competir con case total seguridade pola lideranza do PSOE na Galiza será o tamén sanchista Gonzalo Caballero.