O manifesto 'Polo dereito a decidir' supera as 1.000 adhesións

A resposta galega ao manifesto españolista contra o dereito de Catalunya a preguntar polo seu futuro nun referendo superou as mil sinaturas. Escritor@s, profesor@s, artistas, políticos e sindicalistas apoiaron a proposta.

A solidariedade coa iniciativa catalá de someter a referendo a súa permanencia ou non no Estado español moveu a un colectivo de persoas a poñer na rede un manifesto co nome de "Polo dereito a decidir". A idea era responder a "ofensiva mediática contra o proceso catalán" que empregara a plataforma mediática dun xornal español para "usar a bandeira da esquerda e do federalismo como escusa para mobilizar a opinión pública co fin de impedir o dereito a decidir de Catalunya".

O manifesto tivo repercusión en varios medios de comunicación de Catalunya e a súa publicación saíu nos xornais dixitais Vilaweb e Nació Digital, entre outros. A día de hoxe ten máis de 1.000 adhesións entre as que figuran escritor@s como Alfonso Álvarez Cáccamo, Xurxo Borrazás Fariña ou Marga Romero Lorenzo do Val; profesor@s de universidade como Xavier Vence Deza, Margarita Ledo Andión, Teresa Moure ou Xosé Ramón Freixeiro Mato; Políticos e sindicalistas como Carme Adán, Carlos Aymerich, Xosé Manuel Beiras, Manuel Mera ou Rubén Cela; editor@s como Francisco Pillado Maior, Xabier Queiruga Villaronga ou Iolanda Mato; e artistas de diversos ámbitos como Comba Campoy García, César del Caño e Xabier Bugeiro Alonso.

O manifesto segue aberto e recolle adhesións nesta páxina.

Máis en POLÍTICA
Comentarios