O Concello de Pontevedra cancelará as súas contas se NGB non devolve os seus aforros @s afectad@s polas prefererentes

Así o vén de aprobar a equipa municipal no pleno desenvolvido esta segunda feira. A moción foi presentada polo grupo socialista e consensuada polas tres forzas políticas

Lores, afectados preferentes
photo_camera Miguel Anxo Fernández Lores, con afectad@s polo calote das preferentes [Imaxes: Pontevedra Viva]

O rexedor nacionalista, Miguel Anxo Fernández Lores non se pon só a camisola das plataformas nin saca a foto con estafad@s por este calote. As denuncias do alcalde e a súa equipa municipal van para alén da mera reivindicación e inicia accións para presionar á entidade financeira e exixir que lles devolvan os seus aforros aos milleiros de persoas estafadas por Nova Galicia Banco. 

César Mosquera (BNG): "Había que romper por algún lado e había que tomar algunha medida coma esta"

O pleno municipal vén de acordar a cancelación das súas contas bancarias na extinta caixa se no prazo dun mes NovaGalicia Banco non "inicia a devolución íntegra das cantidades estafadas @s aforrador@s do municipio". A proposta, presentada polo edil socialista Agustín Fernández empraza ao Concello a instar o Goberno español a que adopte as medidas precisas para que @s afectad@s recuperen os seus aforros de xeito íntegro". A comezar, pola derrogación do Decreto "polo que se lle expropia grande parte" dos aforros a milleiros de persoas na Galiza. "Hai que ser valentes e consecuentes", sinalou o socialista que asegurou estaren "a dar un paso adiante". 

Agustín Fernández (PSdeG): "Hai que ser valentes e consecuentes"

Na sesión plenaria desenvolvida esta segunda feira, a corporación pontevedresa adoptou asemade unha batería de acordos encamiñados a amosar o seu apoio ás persoas estafadas. Neste senso, pendurarán unha faixa na céntrica rúa da Michelena e participarán --como representantes insitucionais-- na manifestación convocada para o vindeiro día 10 en Pontevedra. A mobilización, foi promovida desde o propio Concello. Desde o grupo do BNG, César Mosquera afirmou que perante a situación que están a viver os milleiros de persoas estafadas por esta fraude, "hai que romper por algún lado" neste senso, aplaudiu que se tivese adoprado unha "medida como esta".

Jacobo Moreira (PP): "Votamos a favor porque así nolo pediron os afectados"

Como último punto do conxunto de acordos que esta mañá procedeu a adoptar a equipa liderada polo nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, atópase a iniciativa de trasladar á FEGAMP, á FEMP e ao FROB o conxunto de medidas acordadas así como ás demais institucións supramunicipais (Estado e Xunta). 

Máis en POLÍTICA
Comentarios