A Fundación Galiza Sempre organiza unha conferencia sobre Cuba

Nesta terza, ás 20.00 horas, terá lugar unha conferencia organizada pola Fundación Galiza Sempre, sobre as reformas económicas desenvolvidas en Cuba. Co gallo da mesma, membros do Bloque Nacionalista Galego, reuníronse esta mañá coa delegación da illa.

Antes de ter lugar a Conferencia organizada pola Fundación Galiza Sempre, a delegación de Cuba que visita hoxe a capital do País, reuniuse con membros do BNG, entre os que se atopaban o voceiro nacional, Guillerme Vázquez, a secretaria de organización Montse Prado e o voceiro municipal da fronte, Rubén Cela.

O acto, que leva por lema Cara onde vai Cuba?, desenvolverase hoxe ás 20.00h na Biblioteca Ánxel Casal -Avenida Xoán XXIII, e contará coas intervencións de Fernando Martínez Heredia, Director Xeral e Investigador Titular no Instituto Cubano de Investigación Cultural Juan Marinello da Habana; e Alberto Betancourt, Vicepresidente da Asociación Nacional de Economistas.

A conferencia repasará os máis de cincuenta anos dende o trunfo revolucionario, así como a loita e solidariedade amosadas polo pobo de Cuba ao longo deste período. Así mesmo, a delegación cubana, achegará as liñas máis importantes das reformas económicas iniciadas polo goberno nesta nova etapa e as consecuencias do bloqueo imposto polos EUA dende 1962.

O acto será presentado por Xesús Veiga, presidente da fundación nacionalista.

Comentarios