A número dous de Rueda por Pontevedra cesa como administradora de varias empresas a días das eleccións

En concreto, segundo publica o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil, tanto as empresas Green Smart Ventures, Green Venture Labs e Dapacar Xestións, pasan ter como administrador único José Álvarez, a súa parella.
patricia garcia pp foto pp
photo_camera Patricia García (Foto: PP)

A número dous do PP pola circunscrición de Pontevedra na candidatura ás eleccións do próximo domingo 18 de febreiro, Patricia García, cesou como administradora de tres empresas a poucos días da próxima cita coas urnas.

En concreto, segundo publica o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil, tanto as empresas Green Smart Ventures, Green Venture Labs e Dapacar Xestións, pasan ter como administrador único José Álvarez, a súa parella.

Até o de agora Patricia García figuraba como administradora solidaria. O movemento foi rexistrado o 6 de febreiro. Licenciada en Filoloxía Inglesa, Patricia García fundou en 1999 o grupo Femxa e é integrante da executiva do PP na cidade de Vigo. Foi unha das fichaxes do xefe do Executivo galego e líder popular para impulsar a renovación do grupo parlamentario tras o 18F.

A futura deputada é fundadora e presidenta institucional de Femxa, unha empresa dedicada á formación que escalou até se converter nunha das máis relevantes do seu sector no Estado.

Segundo Economía Digital, Femxa forma parte dun grupo constituido por una quincena de empresas con ramificaciones en Perú, Colombia e México,e no que se inclúen sociedades de investimento, unha inmobiliaria ou unha editorial, ademais das dedicadas propiamente á formación, que constitúe a actividade central do conglomerado.

Así, a número 2 do Partido Popular pola circunscrición de Pontevedra ás eleccións galegas do vindiero día 18 controlaría un ‘holding’ con máis de 8 millóns de patrimonio

Comentarios