Retos da Galiza para a década dos vinte

Mozas que marchan e maiores que viven soas

A natalidade ou o envellecemento introducíronse nos plans estratéxicos e accións do Goberno galego desde 2008, mais ambas tendencias seguen sen mudar aparentemente de rumbo. 
vello
photo_camera vello

A principal preocupación das galegas e dos galegos en 2019, segundo datos do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) do Estado. Nin o envellecemento da poboación galegao nin a baixa taxa de natalidade asoman na lista de problemas que quitan o sono á cidadanía e, non obstante, forman parte dos obxectivos principais dos plans estratéxicos para Galiza que ten desenvolto a Xunta de Galiza desde 2008. Con todo, as políticas natalistas levadas a cabo non teñen mudado a taxa vexetativa do país; negativa como a da meirande parte dos territorios europeos, ao tempo que a xente moza continúa a emigrar.

Para o doutor en economía Melchor Fernández, "o principal problema da Galiza é a febleza do seu tecido produtivo". Desta base, argumenta, parten as restantes problemáticas do país, como as baixas taxas de actividade da xente moza. En 2017, segundo o Instituto Galego de Estatística, o primeiro salario que recibe a xente nova era de 873 euros brutos mensuais, 800 euros netos. As dificultades de emanciparse, atopar un emprego de calidade ou cun salario que permita o acceso a unha vivenda son algúns dos motivos que levan á xuventude a facer as maletas: na última década 80.000 mozos e mozas deixaron o país.

Se a base da pirámide poboacional está a marchar, quen ocupa o cumio supón unha parte cada vez máis importante da cidadanía. Ao tempo, cada ano máis persoas de máis de 65 anos viven soas. Unha soidade que pode dificultar a detección de casos de dependencia, como apunta a traballadora social e integrante do Colexio Oficial de Traballo Social da Galiza Ana Vilar.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios