VíDEO-COLUMNA DE XOSé MEXUTO

Mentres PSOE e Podemos xogan por ser segundos, o PP vai gañando a partida

Na súa achega semanal á rede galega de vídeoblogues, o director de Sermos Galiza, Xosé Mexuto, analisa como se apresenta a campaña a escasas horas de que se inaugure oficialmente.

Xosé Mexuto. Vídeo-columna 6-6-2016

Rajoy apura tranquilo o seu enésimo charuto no Palacio da Moncloa mentres PSOE e Podemos se disputan a segunda praza -a ver quen se fai coa coroa na liga da socialdemocracia-, así ve Xosé Mexuto o desenvolvimento duns últimos días de precampaña que xa son indistinguíbeis da campaña mesma, que formalmente dará comezo esta quinta feira ás 24 horas.

Xosé Mexuto pergúntase tamén polo papel da Galiza nesta historia en contraste co que xogan Catalunya, Euskadi, Canarias e até Valéncia.

Comentarios