18-F

Marta Lois, candidata de Sumar á Presidencia da Xunta da Galiza

A deputada no Congreso podería compaxinar a súa candidatura na Galiza coa preservación do escano pola circunscrición da Coruña, unha posibilidade á que xa se acolleu en 2020 o entón candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, quen finalmente seguiu nas Cortes estatais ao non conseguir representación no Parlamento galego.
Marta Lois, portavoz de Sumar no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
photo_camera Marta Lois, portavoz de Sumar no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)

A vicepresidenta segunda do Goberno español e líder de Sumar, Yolanda Díaz, presentará esta cuarta feira a candidatura á Presidencia da Xunta na Galiza, que, segundo adiantou a Cadena Ser, será Marta Lois, actual portavoz parlamentaria de Sumar no Congreso.

Marta Lois suxeriu nos últimos días, non obstante, que o seu papel actualmente estaba na Cámara baixa, en Madrid, unha circunstancia que cobrou aínda máis peso coa ruptura do grupo e a saída dos cinco deputados de Podemos ao Grupo Mixto.

Con todo, o seu nome e a súa vinculación coas mareas municipalistas sen estar adscrita previamente a ningún partido político suscitaría o consenso que o espazo necesita en plenas negociacións para unha eventual coalición (polo menos con Esquerda Unida) que, en todo caso, deberá estar fechada antes do 5 de xaneiro coa convocatoria electoral do 18 de febreiro.

A deputada no Congreso podería compaxinar a súa candidatura na Galiza coa preservación do escano pola circunscrición da Coruña, unha posibilidade á que xa se acolleu en 2020 o entón candidato de Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, quen finalmente seguiu nas Cortes estatais ao non conseguir representación no Parlamento galego.

Coalición

Mentres, e tras romper as conversas polo sucedido no Congreso e mostrar receos, nas últimas horas os contactos entre os socios das estatais experimentaron pasos adiante, algo que sucedeu de forma paralela a que Podemos Galicia activase o seu proceso de primarias internas, cuxo prazo de presentación de listas finaliza a medianoite desta terza feira.

Comentarios