En Marea propón un plan de emprego para “aproveitar o potencial” do rural galego

​Aposta por abrir un novo marco de “comarcalización” que garanta os servizos básicos nun “tempo razoable” para todos os galegos e galegas, ademais dunha bolsa de vivenda pública. 

Mitin en Vimianzo (Foto: En Marea)
photo_camera Mitin en Vimianzo (Foto: En Marea)

En Marea continuou campaña no municipio coruñés de Vimianzo cun mitin onde presentou as liñas principais do seu programa para o rural do país. A confluencia comprometeuse a desenvolver un plan de emprego que permita “aproveitar o potencial que cada tipo de comarca ofrece”, como sinalou o candidato á Xunta, Luís Villares.

Unha proposta que, segundo explicou o aspirante en declaracións recollidas por Europa Press, aposta por abrir un novo marco de “comarcalización” que garanta os servizos básicos nun “tempo razoable” para todos os galegos e galegas. Ademais, anunciou que crearán unha bolsa de vivenda pública para fomentar que a xente teña facilidades para trasladar a súa residencia o rural. 

“Se Feijóo non dá a cara, o pobo galego vaille dar as costas”, prognosticou Villares.

Villares referiuse tamén o candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, a quen acusou de ser “o único que ignora que Marcial Dorado era un narcotraficante e Baltar un acosador sexual”, así como de ter “medo á democracia”. Por ese motivo, o cabeza de lista de En Marea considerou que Feijóo se nega a repetir o debate electoral. “Se el non dá a cara, o pobo galego vaille dar as costas”, prognosticou.

“Faremos un pais xusto tamén contra os que deixan morrer aos enfermos ou prohiben as matemáticas en galego. O obxectivo de En Marea é reconstruír un pais logo do paso de Atila Núñez Feijóo, un sistema de goberno cuasi-tiránico. Atila, atende: Non nos rendemos”, advertiu Villares.

Máis en POLÍTICA
Comentarios