EN MAREA PRESENTA AS SúAS LISTAS PARA O 26X

"Só pode haber un cambio político se as forzas de cambio somos maioría

No porto de Palmeira interviron as persoas que encabezan as listaxes ao Congreso e Senado.

En MArea
photo_camera [Imaxe En Marea]

A coligazón electoral En Marea presentou esta terza feira (7 de xuño) a súa candidatura de cara ás eleccións do 26 de xullo. Fíxoo no Porto de Palmeira, no Concello de Ribeira. 

"O noso ADN ten o sinal de identidade da plurinacionalidade"

David Bruzos (Ourense), Alexandra Fernández (Pontevedra), Ángela Rodríguez (nº por Pontevedra), Yolanda Díaz (nº por A Coruña), Antón Gómez-Reino (A Coruña) e Miguel Anxo Fernán Vello (Lugo) encabezan as candidaturas ao Congreso. Nas súas intevencións puxeron en valor a diversidade da coligazón electoral e tamén a súa "galeguidade", en verbas da candidata e ex-deputada no Pazo do Hórreo, Yolanda Díaz. "O noso ADN ten o sinal de identidade da plurinacionalidade, que é un espazo de construción de convivencia. Sabemos que o novo tempo político é plurilingüe", asegurou a tamén coordenadora nacional de Esquerda Unida. 

Así as cousas, dixo o candidato por Ourense, David Bruzos, "Toda a xente que estamos aquí poñémoslle cara a un movemento moito máis amplo e diverso que bebe das mareas municipalistas e de moitos máis proxectos de activismo nos que participamos as persoas que estamos en En Marea". 

"Por nós este país sería xa diferente, xa sería un país para o 99 por cento"

De cara aos comicios que terán lugar o vindeiro 26 de xullo, a candidata por Pontevedra, Alexandra Fernández, asegurou que supoñen unha "segunda oportunidade" para "redobrar esforzos e demostrar que o cambio vai vir da man" da coligazón electoral. "Só pode haber un cambio político se as forzas de cambio somos maioría superando o tampón do PSOE", acrecentou. Neste senso, a candidatura pón en mans da Mesa da Cámara, máis unha vez, a posibilidade de se constituíren como grupo parlamentar de seu no Congreso. Un obxectivo, din, que só poderán conseguir "se En Marea conta coa forza da xente". 

Tamén Antón Gómez-Reino, cabeza de lista pola Coruña apresentou "as Mareas" como "as protagonistas" dunha mudanza política que "non hai quen pare". Após os resultados colleitados en decembro, onde conseguiron 6 parlamentares e 2 representantes no Senado, En Marea proponse incrementar a súa presenza nas Cortes españolas e ser "a voz da nosa xente", dixo Alexandra Fernández para "levar a cabo a defensa inquebrantable de Galicia, da súa cultura e do seu idioma", apuntou Miguel Anxo Fernán Vello, pois "por nós este país sería xa diferente, xa sería un país para o 99 por cento", subliñou Ángela Rodríguez, nº2 por Pontevedra. 

Comentarios