En Marea chama a votar “para mudalo todo”

“Para mudalo todo” e “para que nada siga igual”. Eses foron os chamados que fixeron durante a mañá do domingo os candidatos e candidatas de En Marea ao Congreso cando depositaron na urna o seu voto.

tone
photo_camera tone

“Con ilusión e esperanza” foi a mensaxe lanzada por Antón Gómez Reino, número 1 de En Marea pola Coruña, cando acudiu votar ás 11.30h no centro cívico da Cidade Vella. O cabeza de lista pola Coruña apelou á democracia e á participación “para mudalo todo”. Na mesma liña, a número 2 pola Coruña, Yolanda Díaz, animaba todas as persoas a participaren da xornada electoral cando se dirixiu aos medios de comunicación no IES Canido, onde votou ás 10.30h.

Alexandra Fernández, número 1 por Pontevedra, votou pasadas as 11h, no local da asociación veciñal Praza Consolación, en Coia, mentres que David Bruzos, número 1 por Ourense, votou ao redor das 12h na escola unitaria de Velle. Media hora após votaba Miguel Anxo Fernán Vello, cabeza de lista por Lugo, quen sinalou en declaracións á prensa que percorrería as distintas mesas electorais ao longo do día.

Comentarios