A listaxe de PNV, Coalición Canaria e CxG ás europeas xa ten candidata

Será Izaskun Bilbao, expresidenta do Parlamento vasco e que xa foi cabeza de lista na coligación con que o PNV concorreu a estes comicios en 2009. 

izaskun
photo_camera Bilbao no Parlamento europeo [SG]


A cinco meses para a realización das eleccións europeas, a listaxe en que concorrerán PNV, Coalición Canaria e Compromiso por Galicia ten xa candidata. Será a expresidenta do Parlamento vasco Izaskun Bilbao, quen xa encabezou a candidatura con que PNV se presentou a estes mesmos comicios en 2009. Desta volta, a cita coas urnas será en maio.

Malia que CxG decidirá o 25 de xaneiro a candidatura en que concorre, o pacto co PNV é o máis probábel. Á espera da decisión que tomen CiU e ERC --pendentes de achegar posturas para artellar unha candidatura nacionalista que defenda en Europa o dereito a decidir do pobo catalán--, Bilbao conta co visto e prace non só da formación que a propuxo, o PNV, senón tamén de Coalición Canaria (CC).

Socia d@s nacionalistas vasc@s en Bruxelas na pasada lexislatura, CC ten manifestado en reiteradas ocasións que a eurodeputada defendera "con empeño e con atino" os intereses insulares. Aliás, tamén ten reclamado na eurocámara unha solución para o conflito vasco que copie a implementada en Irlanda do Norte.

Comentarios