Jorquera defende unha solución conxunta para @s afectad@s polas preferentes

O candidato á presidencia da Xunta de Galiza polo BNG, Fracisco Jorquera, instou a Feijóo a se rebelar contra o decreto das preferentes pois asegura "ponse do lado dos estafadores".
photo_camera Jorquera e Aymerich con representantes das plataformas

En conferencia de prensa após manter unha xuntanza con representantes das platadormas de afectad@s pola fraude das preferentes, Francisco Jorquera, candidato nacionalista á presidencia da Xunta, aseverou que o BNG "comparte plenamente a súa indignación", comprometéndose a traballar por unha solución conxunta e satisfactoria para as persoas afectadas, cuxo número supera xa as 50.000.

Francisco Jorquera, criticou esta terza con dureza os aspectos máis controvertidos do decreto presentado polo goberno de Mariano Rajoy, cuxo contido será sometido a votación a vindeira quinta no Congreso d@s deputad@s. Segundo o candidato do BNG ás vindeiras eleccións nacionais, as persoas afectadas pola fraude das preferentes "foron vítimas dunha estafa e van ser defraudad@s polo decreto de Rajoy" pois asegura, "pretende legalizar unha dobre expropiación", dunha banda, pagar con diñeiro público as débedas da banca privada e doutra, estabelecer unha quita para as persoas defraudadas que poderían perder entre o 60% e o 80% dos seus aforros.

De acordo co disposto no decreto aprobado o pasado 31 de agosto, o FROB e o Banco de España poderán emitir ditames a respecto da fraude outorgándolles un maior estatus legal que supera as súas funcións ordinarias. Asemade, a creación do denominado 'banco malo' anunciada polo goberno español e recollida no devandito decreto 24/2012 supón a apropiación pública das débedas da banca privada, cuxo pagamento recaerá nas costas d@s contribuíntes.

O decreto será levado ao Congreso español esta quinta feira
Neste sentido, Jorquera adiantou que @s deputad@s do BNG no Congreso votarán en contra e emprazou a Feijóo a demandar aos deputad@s do PPdeG no Parlamento español o voto contrario a "un decreto que se pon do lado dos estafadores", asegurou.
Segundo o candidato nacionalista, o aínda presidente da Xunta de Galiza non pode seguir eludindo as súas responsabilidades "como vén facendo neste tempo", polo que lle demandou ao goberno galego que impugne o decreto 24/2012 de reestruturación e resolución de entidades. Así mesmo o nacionalista considerou que a Xunta de Galiza debería personarse como defensa d@s estafad@s na demanda presentada pola Fiscalía perante o xulgado número 11 da Coruña.

Francisco Jorquera denunciou a inconstitucionalidade dun decreto que vela polos intereses dos estafadores e consuma unha dobre expropiación ás galegas e galegos. Neste sentido, o candidato do BNG demandou a Alfonso Rueda, conselleiro de presidencia, que proporcione maiores medios ao xulgado nº11 da Coruña na procura de axilizar o procedemento de tramitación da demanada presentada.

Máis en POLÍTICA
Comentarios