IU pide unha comisión de investigación sobre o sinistro de Angrois

O deputado Gaspar LLamazares afirma que Izquierda Unida realiza esta petición por “responsabilidade”, para procurar “a verdade” e a mellora da seguridade ferroviaria.

Gaspar Llamazares
photo_camera Gaspar Llamazares

O parlamentar de IU quixo mostrar a súa solidariedade coas vítimas e as súas familias e incidiu na importancia de ser respectuosos con eles ante a traxedia, mais remarcou a importancia, “por responsabilidade” de tentar procurar a verdade do acontecido no sinistro de tren.

Izquierda Unida, por iso, pide a constitución dunha comisión de investigación sobre o accidente do 24 de xullo en Compostela e que se saldou con 79 vítimas mortais. A petición enmárcase na liña de procurar obter respostas ás numerosas interrogantes abertas en torno ao sucedido.

Así, o BNG xa pedira na sexta feira pasada a comparecencia da ministra de Fomento, Ana Pastor. A isto hai que engadir que AGE pediu esta segunda feira que no parlamento de Galiza tamén haxa unha comisión de investigación sobre este tema.

Para Llamazares, un accidente de tal envergadura indica que "non hai un bo sistema de seguridade" nunha zona de transición cunha curva difícil. Igualmente, cre que a compañía ferroviaria debe explicar lo que pasou. "Nun accidente destas características non pode ser unicamente determinante o factor humano".

Comentarios