Galiza e Cuba comprométense a reforzar as relacións económicas

A xuntanza entre Núñez Feijóo e Raúl Castro, a segunda en tres anos, serve para avanzar acordos entre ambos os dous países en eidos como o audiovisual e agroalimentar.

feijoo raul

 “O lóxico é, que se imos facer negocio con España, comecemos por Galiza”. Esta é a reflexión que Raúl Castro expuxo a Núñez Feijóo durante a entrevista de por hora e media mantiveron ambos os dous mandatarios na Habana no marco da visita do presidente galego á illa. Foi o propio Feijóo, finalizada a xuntanza, quen transmitiu esta información na comparecencia de prensa, para anunciar que Galiza e Cuban van intensificar as súa relacións.

Sectores como o agroalimentario, audiovisual, enerxético, entre outros, son algúns nos que se intensificará este compromiso de colaboración, que tomará forma na vindeira semana a través dun documento que proporá vías para concretará esa colaboración.

"Foi unha reunión longa. (Raúl Castro) vino em forma, acho que mantén o ímpeto de proseguir con esta tarefa de atualización económica que está vivendo o país", afirmou Feijóo. "Falamos da evolución de Cuba durante estes anos. O novo momento político que está vivendo a illa de Cuba. Falamos da nova relación entre Cuba e EUA. E falamos de Galiza", resumiu Feijóo, que con esta xuntanza fechaba a axenda oficial de súa visita a Cuba, onde participou no 11º Consello de comunidades galegas no exterior. 

Comentarios