Francisco Caamaño, novo secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE na Coruña

O exministro de Xustiza conseguiu o 58,8 dos votos.
Francisco Caamaño
photo_camera Francisco Caamaño

Francisco Caamaño (Cee, 1963) foi elixido novo secretario xeral provincial dos socialistas pola Coruña co o 58,8 % dos apoios. A votación tivo lugar no congreso que se celebra na capital herculina, ao que se presentaron tamén o deputado autonómico José Manuel Lage que logrou un 20,5 % dos apoios, e o alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, que obtivo o 20 % restante.

O exministro do PSOE é un dos nomes que máis sona para darlle a batalla a Pachi Vázquez como posíbel candidato nas vindeiras eleccións a Xunta. Nese camiño contaría, segundo algunhas fontes, co apoio do sector "máis galego" do partido e en contra a Rubalcaba polo seu apoio a Carme Chacón no Congreso de Sevilla.

Comentarios