Eleccións Municipais

Formoso pide "un novo pulo" para os concellos galegos após o 28-M

O líder socialista arroupou o alcaldábel por Ribeira.
González Formoso, Alvite, Suárez-Puerta e Rodríguez. (Foto: Nós Diario)
photo_camera González Formoso, Alvite, Suárez-Puerta e Rodríguez. (Foto: Nós Diario)

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, interviu esta segunda feira no acto de presentación da candidatura da formación socialista en Ribeira, comarca do Barbanza, encabezada polo avogado Francisco Suárez-Puerta, á que se referiu como unha lista "cargada de talento" e que vai ser "a garantía" para que a cidade poida "recuperar o dinamismo económico" que perdeu nos últimos anos cos gobernos do PP.

Formoso aseverou que o potencial económico da cidade está esmorecendo "pola falta de solo empresarial", o que provoca que moitas iniciativas industriais que naceron en Ribeira teñan que deslocalizarse agora a outros sitios.  Para Formoso, as eleccións do 28 van implicar "un novo pulo" para os concellos galegos. Defendeu, aliás, a aposta por unha "campaña limpa" do PSdeG fronte ao que cualificou com o "proceso de enlamar" do PP.

Sánchez non vai a Lugo

Por outra parte, o PSOE anunciaba esta segunda feira que se cancelaba a visita prevista polo presidente español para mañá, cuarta feira, a Lugo. A suspensión é debida á preparación do encontro de Sánchez con Joe Biden.

Comentarios