Feixoo dimitirá "de inmediato" e Rueda será presidente en maio

O aínda presidente galego prevé que Rueda tome o mando a mediados de maio.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente, Alberto Núñez Feixoo. (Foto: Isabel Infantes/Europa Press)
photo_camera O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente, Alberto Núñez Feixoo. (Foto: Isabel Infantes / Europa Press)

O presidente do PP a nivel estatal e —polo de agora— da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, prevé activar "inmediatamente" o proceso de sucesión á fronte do Goberno galego, o que supón dimitir e comunicar a súa decisión ante o Parlamento, para que haxa un novo presidente "a finais da primeira quincena de maio".

A preguntas dos medios tras reunirse co CEO da compañía portuguesa Altri, José Soares de Pina, no seu despacho en San Caetano, Feixoo non puxo unha data concreta para formalizar a súa dimisión, mais si avanzou que prevé comunicala "primeiro ao Parlamento" e despois "á sociedade galega". "Espero que o mesmo día", precisou.

Neste contexto, Feixoo confirmou que está "na recta finalísima" para activar a súa sucesión e que Alfonso Rueda remate ocupando o seu posto. "Espero que a finais da primeira quincena de maio podamos ter xa un novo presidente", confirmou.

[En ampliación]

Comentarios