As fotografías do presidente da Xunta co narco Marcial Dorado conseguiron o que non lograra a oposición en máis de dous anos. Facer que o líder do executivo galego compareza en sesión parlamentar.
Así o avanzou o portavoz do BNG na Cámara Francisco Jorquera após a celebración da Xunta de portavoces. Alberto Núñez Feijóo explicará no pleno que terá lugar a vindeira semana, a súa polémica amizade con Dorado e as fotografías que publicaba o pasado domingo o diario español 'El País'.
O grupo parlamentar d@s populares accedeu así ás demandas da oposición e apoiou a presenza do presidente de Galiza mais, en troca, PSdeG, BNG e AGE tiveron que aceptar a supresión da sesión de control ao presidente. Isto é, as preguntas que as portavocías da oposición formulan na segunda xornada de pleno. Todo apunta, a que a comparecencia de Feijóo terá lugar a vindeira terza feira (9 de abril)