Esquerda Unida celebrará a súa asemblea a finais de abril

Así o acordou o Consello Político este sábado. O conclave terá lugar en Compostela.

O máximo órgano interasemblear de Esquerda Unida, o seu Consello Político vén de acordar a data en que se celebrará a Asemblea nacional da formación. Malia a que non trascendeu un día concreto, a súa voceira, Yolanda Díaz asegurou que se celebraría an abril. Aliás Díaz sinalou que as comisións redactoras iniciarían decontado a súa labor de elaboración dos documentos a debate. 

A coordinadora nacional de EU e vice-voceira de AGE salientou que o obxectivo da militancia é "marcar a liña da política" a seguir durante os vindeiros anos perante o que considerou "as políticas de abuso depoder que nos está a impór a dereita". Após seren redactados os documentos, estes será debatidos "nas asembleas de base" e posteriormente no plenario da Asemblea nacional. 

Porén, apuntan desde o Consello Político de EU, o máis importante é "conformar as ferramentas políticas e sociais que permitan asentar EU como alternativa". 

Comentarios