28-M | En directo

Rei Varela volve á Alcaldía de Ferrol 8 anos despois

Segue a noite electoral en 'Nós Diario'.
José Manuel Rei recupera a Alcaldía.
photo_camera José Manuel Rei recupera a Alcaldía.

Os prognósticos cumpríronse en Ferrol. O Partido Popular acadou a súa única maioría absoluta urbana da noite con 45,2% dos votos.

José Manuel Rei Varela álzase coa Alcaldía ao sumar 13 concelleiros, un máis dos que tiña actualmente na corporación local.

Rei Varela

Rei Varela retorna así ao Goberno de Ferrol, que perdeu nos comicios de 2015, após dirixir o Concello durante a lexislatura comezada en 2011.

O PSdeG cede o Goberno tras ceder dous puntos en sufraxio directo, marcar 27,3% perder unha acta e ficar en sete concelleiros.

O BNG, liderado outra vez por Iván Ribas, acada 10,6% dos sufraxios e aumenta a súa representación ate tres concelleiros.

Baixada de Ferrol en Común

Ferrol en Común, liderado polo anterior alcalde Jorge Súarez, baixa até 9.62% dos votos, cede unha acata e fica en dous representantes.

Vox e Podemos ficaron fóra da corporación. A formación de extrema dereita quedou en 2,67% dos votos o partido morado en 1,65%

Comentarios