A dirección do PPdeG non descarta un adianto electoral en Galiza

O portavoz parlamentar, Pedro Puy, ve o Partido Popular “ben posicionado” para seguir a gobernar na Xunta. A convocatoria dos comicios en Galiza depende do contexto político estatal.

Pedro Puy
photo_camera Pedro Puy

A ponte de mando do PPdeG non descarta un adianto electoral en Galiza. O portavoz dos populares galegos na Cámara galega, Pedro Puy, afirmou na súa comparecencia desta segunda feira que a intención do seu partido é esgotar a lexislatura, mais que os tempos poden ser outros por mor, engadiu, de decisións “que non proceden de Galiza”, en referencia ao contexto político no Estado. De optar Núñez Feijóo por un adianto da cita coas urnas, Puy sinala que o PP estaría “ben situado” para seguir a gobernar o país, quer en solitario,quer en coligazón, puntualizou.

Puy contempla un goberno “en solitario” ou ben “en coligazón” do PP após as eleccións galegas de 2016

“Agardo polas autonómicas con máis optimismo que algún outro proceso electoral recente”, dixo Puy aos xornalistas. O PP “é claramente dominante”, afirmou, contrapoñendo este escenario a unha esquerda “cunha disgregación de voto entres forzas que deixou un claro perdedor, o BNG, e unha clara división nas Mareas, que superan lixeiramente o PSOE”.

Fragmentación asimétrica

Para Pedro Puy, nas eleccións do 20-D evidenciouse que en Galiza hai unha evolución do voto “cara á fragmentación”, mais cara a unha “fragmentación asimétrica”, que afecta á esquerda. Unha esquerda que divideu entre “populistas” e “socialdemóctaras” para afirmar que e case imposíbel que as forzas da oposición poida saír un goberno unitario que desbanque o PP.

Comentarios