FIXAN UNHA REUNIóN PARA O 8M, DESPOIS DA CIMEIRA MUNICIPALISTA

Crean Foro galego, para ir a unha "concentración parcelaria" con vistas á confluencia coa Marea

Persoas procedentes de diferentes organizacións reuniranse o 8 de maio na procura dunha "vía de unión" electoral.

Foro galego
photo_camera [Imaxe Foro galego]

Esta segunda feira (25 de abril) o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, e a profesora de Filosofía, Zeltia Laya, presentaron en comparecencia de imprensa Foro galego un espazo que, din, visa pular pola "concentración parcelaria" na política galega co obxectivo de "botar" o PP da Xunta de Galiza nos vindeiros comicios.

"Somos un foro para debater e ter ideas"

Segundo explicaron aos medios de comunicación en declaracións recollidas por Europa Press, queren verse no "reflexo" das candidaturas municipalistas, as mareas, e procurar a confluencia con En Marea através dun "diálogo de irmandade". "Non somos un partido máis", defendeu Antelo, quen asegurou Foro galego está integrado por persoas de diversa procedencia (BNG, Anova, Cerna e Compromiso por Galicia). 

"Somos un foro para debater e ter ideas", defenden desde Foro galego. Porén, o 7 de maio as candidaturas municipalistas promoven o seu propio espazo de debate após diversas xuntanzas das que xurdiu Mareas en Común e de cuxo encontro visan sentar as bases dunha candidatura ao Parlamento a fin de "garantir a participación e a transparencia" do proceso en troca dun  acordo entre cúpulas como como aconteceu nos comicios de decembro. 

Comentarios