Compromiso por Galicia aproba un marco electoral que “enfoca de abaixo a arriba”

A formación que lidera Xoán Bascuas dálle prioridade ás propostas de cada concello. CxG presentará candidatura propia en varias localidades namentres en cidades como A Coruña integrarase en plataformas.

Bascuas
photo_camera Bascuas


O Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia (CxG) aprobou este sábado o programa marco da súa organización para as eleccións municipais de maio, no que "deberá prevalecer o enfoque de abaixo a arriba". 

Para o secretario xeral de CxG, Xoán Bascuas, este documento "non deixa de ser unha recompilación dunha serie de medidas e recomendacións de carácter xenérico". De feito, explicou que irá incorporando "achegas de diversos colectivos". Nesta mesma liña, fixo fincapé en que “sexan as liñas e propostas nacidas no ámbito local as que configuren o eixe central de cada concello". 

"Estas eleccións municipais serán un paso máis na consolidación do noso proxecto político", explicou Bascuas, que tamén apostou por orzamentos participativos. Compromiso presentará candidaturas en varios concellos importantes, como Compostela, Vigo ou Lalín (con Rafael Cuíña á fronte) namentres que en cidades como A Coruña ou Ourense parece que se integrará nas chamadas Mareas. 

Comentarios