18-F

Case 59.000 galegos e galegas votaron por correo

O sufraxio a distancia cae 20% respecto de 2020, marca histórica nuns comicios marcados pola pandemia.

Unha persoa asina a solicitude de voto por correo. (Foto: Gabriel Luengas / Europa Press)
photo_camera Unha persoa asina a solicitude de voto por correo. (Foto: Gabriel Luengas / Europa Press)

Case 59.000 galegos e galegas emitiron o seu voto por correo para as eleccións galegas deste domingo, o que supón 37% máis que nos comicios de 2016 e unha caída do 20% en comparación cos datos de 2020, unhas eleccións con marca histórica de sufraxios a distancia nuns comicios marcados pola pandemia.

En total, até o peche do prazo na noite da pasada quinta feira, foron admitidos 58.903 votos, é dicir, o 93,72% das 62.831 solicitudes cursadas para as eleccións nas que a Galiza decidirá o seu Parlamento para o próximos catro anos.

Comparativamente, o voto por correo cae 20% respecto das eleccións galegas de hai catro anos, marcadas pola súa celebración no verán de 2020, durante os primeiros meses da pandemia de Covid-19 e nas que se alcanzou un teito histórico con 73.595 sufraxios.

Con todo, o número de voto por correo si sobe en comparación coas galegas de 2016 ao incrementarse, nas que se aceptaron 43.002 sufraxios, un 36,97% menos que para a cita deste domingo. Por provincias, A Coruña foi na que máis votos se aceptaron (22.725), seguida de Pontevedra (18.980), Lugo (8.758) e Ourense (8.440).

Comentarios