Noa Presas, responsábel de Política Institucional do Bloque

"O BNG si ten un proxecto político para este país"

Voltan as entrevistas políticas ao Sermos, neste número 203, e fano con Noa Presas, recente candidata ao Congreso por Ourense e responsábel de Política Institucional do BNG. Falamos na conversa dos resultados das xerais, das perspectivas para as galegas e do proceso de Refundación do Bloque.

Noa Presas
photo_camera Noa Presas

(…) 

As eleccións do 26X tiveron o seu aquel de primarias das galegas. Como ves as opcións do BNG nese próximo combate eleitoral?

Eu penso que as eleccións autonómicas teñen un contexto totalmente diferente. Os resultados non son trasladábeis, pero si que hai que os tomar como un toque de atención e non relaxarnos e continuar a traballar para ser chave nun hipotético cambio de goberno. Eu sempre dicía nesta campaña eleitoral que non abonda con botar o Partido Popular, que era o eslogan que tanto se repetía desde as forzas estatais, senón que hai que ter un proxecto político. É obvio que o BNG ten un proxecto político para este país. Quizais moita xente nun contexto de xerais non ve unha traslación dese proxecto político, porque ti obviamente non vas gobernar o Estado español, pero si que nunhas eleccións á Xunta pode confiar en nós. A proba esta en que cando pasamos polo bipartito conseguimos moitas cousas positivas para este país ou tamén o que poden facer os nosos concellos, non? Nese contexto é máis fácil recuperar a confianza do eleitorado, pero de todos modos non debemos confiarnos e debemos traballar para demostrar que nós si temos un proxecto e que non só botamos o PP, senón que traemos cambios fondos para este país. 

miniaturaE vas tripitir?

[Risos] Eu espero que non.

Non te ves nas listas?

Eu estarei ao servizo do que ditamine a organización, pero penso que estas eleccións son unha oportunidade para dar a coñecer outros referentes políticos e tamén para pór en valor outros que ao mellor agora están nun segundo plano e que este país precisa que volten á primeira fila.

A íntegra desta entrevista, a dupla páxina, tela ao teu dispor no Sermos203, disponíbel nos pontos de venda habituais e tamén na nosa loxa.

Comentarios